PÁXINA PRINCIPAL

domingo, 17 de septiembre de 2017

MÚSICA E PUBLICIDADE

O alumnado de 6º está a traballar o tema da música dentro da publicidade a través dunha análise dun anuncio publicitario. Tendo en conta isto, velaí vai unha pequena axuda para esta interesante tarefa que teñen.





http://popplet.com/app/#/171136

lunes, 11 de septiembre de 2017

COMEZAMOS!!!

Benvidos a este novo curso escolar cheo de novidades. Agardo que o pasarades moi ben no verán e veñades coas pilas cargadas para este novo curso. Para comezar con enerxía, déixovos un vídeo moi particular.

https://www.youtube.com/watch?v=LWGJA9i18Co

viernes, 23 de junio de 2017

CONCERTOS NA ESCOLA: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O pasado mércores tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o vídeo resumo e para ver todas as fotos fai clic AQUÍ.

https://www.youtube.com/watch?v=uKX06cFGu7I

TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS

A semana pasada tivemos a sorte de recivir a visita de Sito, artesán musical da zona e pai de Xenxo. Así, o alumnado de infantil tivo a sorte de ver como é o proceso de construción de diferentes instrumentos como a pandeireta ou coma a gaita e as súas partes. Moitas grazas a Sito pola seu tempo e dedicación e tamén a Vanesa, a nai de Xenxo que nos acompañou no taller e tocou a pandeireta.

https://www.youtube.com/watch?v=4N4t0kOI1cA

https://www.youtube.com/watch?v=31dAQDGlB1U&feature=youtu.be



lunes, 12 de junio de 2017

TOCAMOS ÓPERA

O alumnado de 5º traballou días atrás un fragmento da ópera "Carmen" de Bizet, primeiro con percusión corporal e logo con instrumentos de pequena percusión.

https://www.youtube.com/watch?v=m3ndXkQB0wg&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=SToMkGG9pkM&feature=youtu.be


sábado, 10 de junio de 2017

O TESOURO DA ILLA DE SAN SIMÓN

O tesouro da illa de San Simón é unha canción que foi creada para traballar diferentes partes da illa de San Simón. O alumnado de 1º e 2º amósanos o traballo que fixeron con esta canción.

https://www.youtube.com/watch?v=uJnkXQs4wok&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=zzm9JJx9VGg&feature=youtu.be


viernes, 9 de junio de 2017

O GOLFIÑO GASPAR

O alumnado de 1º traballou días atrás a canción "O golfiño gaspar" que enlaza coa temática do centro deste ano, o mar, e este foi o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=GplsCuXKe0U&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=GDmoC6QOACE&feature=youtu.be


martes, 6 de junio de 2017

TRABALLO DE PERCUSIÓN CORPORAL

O alumnado de 6º nos amosa un pequeno traballo de música onde tiñan que mesturar un fragmento dunha música elexida por eles con partes de percusión corporal creada por eles expresamente para esa canción, e este foi o resultado. Moi ben rapaces, bo esforzo.

https://www.youtube.com/watch?v=QPLFzM7JegI&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=kiOGtHIwCi8&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=M6LMGZL40Qw&feature=youtu.be



BAILANDO CON J. LO

Vari@s alumn@s de 6º nos ofreceron hoxe un baile feito totalmente por el@s utilizando a canción "Ain´t your mama" de Jennifer López e quixeron compartilo cos seus compañeir@s de 5º e 6º. Este foi o resultado. Moi ben rapaces, moi bo traballo, seguide así.

https://youtu.be/-DRZ8nIsRoI

TOCANDO A RITMO DE BRINCADEIRA

O alumnado de 4º nos amosa este animado musicograma de Maria Jesús Camino chamado "A ritmo de brincadeira". Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=NGdX1mBIDJM&feature=youtu.be

2º TOCA CON BRAHMS

O alumnado de 2º interpreta a "Danza húngara nº5" de Brahms con instrumentos. Para ver o video fai clic na imaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=MIu9TQsmVN0&feature=youtu.be

TRABALLAMOS RITMO CON INSTRUMENTOS

O alumnado de 1º está traballando o ritmo con diferentes instrumentos a través de musicogramas. Nesta ocasión nos interpretan "un cuadrado lleno de puntitos", musicograma elaborado por Pedro Morales. Fai clic na imaxe para ver o video.

https://www.youtube.com/watch?v=tn-9C30PS6Y&feature=youtu.be

lunes, 29 de mayo de 2017

TRABALLANDO COS INSTRUMENTOS

Os rapaces de 4º están a traballar os instrumentos da orquesta e para repasar o explicado aquí deixo un par de actividades lim. Moito ánimo.

http://www.galeon.com/rinconmusicaeso/uni5_inst/pulsadapercutida/lim.swf?libro=PulsadaPercutida.xml

http://www.galeon.com/rinconmusicaeso/uni5_inst/frotada/lim.swf?libro=cuerda_frotada.xml

MÚSICA NO COLE

O pasado venres visitou o noso cole o grupo "o viravai" co seu libro disco "As andanzas de Paio". Moitas grazas a tod@s el@s. Fai clic na imaxe para ver un resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=TG6sevBBjEo

sábado, 27 de mayo de 2017

TOCAMOS CON CARLOS NÚÑEZ

O alumnado de 5º amósanos o traballo instrumental que fixeron cunha peza de Carlos Núñez chamada "As covas do rei Centolo". Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=iwB9tGWA4-k

E tamén coa peza "Jazz pizzicato" de Leroy Anderson.

https://www.youtube.com/watch?v=QJEZjVODKYw

TOCANDO CON MOZART

O alumnado de 5 anos de infantil interprétanos a famosa "marcha turca" de Mozart con instrumentos. Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=jxlB6k5zKYA

TOCAMOS CON AC/DC

O alumnado de 1º traballou estes días coa lexendaria banda de rock AC/DC e mesmo tocaron un anaco dunha das súas pezas máis importantes: "Back in black". Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=CaBEcW8IPxQ

E tamén co "outono" de Vivaldi.

https://www.youtube.com/watch?v=3VPuIdDTQ1c


jueves, 18 de mayo de 2017

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

http://musicascativas.wixsite.com/letrasgalegas2017

martes, 9 de mayo de 2017

TRABALLANDO ESQUEMAS RÍTMICOS

O alumnado de 6º nos amosa unha atividade de esquemas rítmicos integrados utilizando os tubos sonoros. Fai clic na imaxe para ver o video.

https://www.youtube.com/watch?v=IQn6RToF0y8&feature=youtu.be

TRABALLANDO O RITMO CON MUSICOGRAMAS

O alumnado de 1º está a traballar os instrumentos e concretamente os tubos sonoros na interpretación destes dous musicogramas, angry birds e super Mario bross. Fai clic na imaxe para ver os videos.

https://www.youtube.com/watch?v=v6-6GMKZhos&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=IJhr3Biw9Fc&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=5tiKl1HkWnk&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=rL1UeY3W6ek&feature=youtu.be