lunes, 30 de mayo de 2011

Pintando a música

Ao longo deste curso realizouse en infantil unha serie de sesións pouco comúns e moito máis tranquilas do que acostumamos no noso día a día para traballar outro tipo de aspectos como a relaxación, a autoconfianza, o coñecemento do noso corpo... Así, se vos mostra unha das actividades de relaxación que fixemos dentro da aula de música, neste caso co alumnado de 4 anos A onde se utilizan varias pezas africanas como Yamore de Salif Keitha. Inda que algúns fixeron trampas o resultado final foi moi satisfactorio e repetible.


0 comentarios:

Publicar un comentario