martes, 7 de junio de 2011

Facemos instrumentos

Ao longo das últimas semanas estivemos a traballar nas aulas os instrumentos, as súas familias e tamén a construcción de instrumentos con material de refugallo, o que normalmente entendemos por basura. Así, logo dunha longa explicación fixemos no centro unha recollida de este tipo de instrumentos que xa podedes ollar na exposición que se atopa na entrada do alumnado, xunto as escaleiras. As fotos dos instrumentos estarán en breve, pero para ir abrindo boca, aquí vos deixo algunhas cousas que se poden facer con este tipo de instrumentos e un pouco de imaxinación.

Para mais información sobre o tema, fai clic aquí.




0 comentarios:

Publicar un comentario