domingo, 26 de junio de 2011

A festa da Coca

Durante estes días 24, 25 e 26 de xuño, estase a celebrar en Redondela a Festa da Coca que é unha festa de Interese Turístico Galego desde o ano 2001. Cada ano, sácase á rúa a figura da Coca e ten lugar a Danza das Espadas e o Baile das Penlas para lembrar a lenda na que un dragón chegaba de cando en vez a Redondela para levar á súa cova a unha rapariga mentres os mozos da localidade facíanlle fronte.
Cando conseguiron cazalo e darlle morte, todos eles comezaron a bailar ao redor del. Esta representación chega desde a Idade Media na cal o dragón interprétase como un ser maligno, concretamente o demo.

0 comentarios:

Publicar un comentario