sábado, 24 de noviembre de 2012

Percusión con vasos

O alumnado de 4º estivo esta semana a traballar aspectos musicais como o ritmo, a percusión e a coordinación de movementos a través dun xogo de vasos.



 

Traballamos a mañá de E. Grieg

O alumnado de 6º está a traballara a peze de E. Grieg titulada "a mañá" coa frauta, así que aquí vos deixo a partitura e un video coa canción.



Seguimos a traballar coa frauta

Os alumnos de 5º andas as voltas coa partitura de cumpleanos feliz en galego, así que aquí vos deixo a partitura e un tutorial de como tocar a canción para que vaiades practicando.


viernes, 23 de noviembre de 2012

Traballamos coa ópera Carmen de Bizet

O alumando de 5º iniciou a súa andaina pola música clásica a través da famosa ópera Carmen de G. Bizet. A continuación vos deixo un estupendo wix elaborado por Mª Jesús Camino coa a actividade e o musicograma elaborado por Paola Oliva que fixeron os rapaces de 5º.
           



jueves, 22 de noviembre de 2012

Chocolate

Mostramos a continuación a canción "chocolate" que traballou o alumnado de 1º utilizando diferentes partes do seu corpo.

Letra: Choco choco la la, choco choco te te, choco la , choco te ,choco la te.






Alumnos de 1ºB interpretando a canción cun xogo de mans.








Alumnos de 1ºA interpretando a canción cun xogo de pes.







Alumnos de 1ºB interpretando a canción cun xogo de pes.

Seguimos coa castaña

Esta vez, o alumnado de 2º e 3º estivo a traballar outra canción que trata de diferentes froitos, entre eles a castaña como non xunto cunha secuencia rítmico xestual que vai aumentando de velocidade. Facede clic en cada imaxe para ver os videos e para ver un exemplo do xogo fai clic aquí.

LETRA: Palmas y más palmas, - higos y castañas, almendras y turrón - para los niños son. 



miércoles, 21 de noviembre de 2012

Homenaxeamos á castaña

Chegados a estas alturas do ano, cobra importancia o magosto, é dicir, a festa das castañas e para rendir tributo a este froito tan apetecible traballamos a canción da castaña en todas as clases pero con diferente enfoque. Para ver os videos fai clic en cada imaxe e para ver a letra da canción fai clic aquí.







Alumnos de 1ºA interpretando a canción cos xestos.






Alumnos de 3ºA interpretando a coreografía da canción da castaña.







 Alumnos de 4ºB interpretando a coreografía da canción da castaña.






Alumnos de 4ºA interpretando a coreografía da canción da castaña.










Alumnos de 3ºB interpretando a coreografía da canción da castaña.

Noite de terror

O alumando de 1ºA interpreta unha canción de terror  titulada "noche de terror" con moitos animais que a máis de algún de nós nos procucen verdadeiro medo. Para acceder á letra fai clic aquí.


Bailando coa familia Adams

Aquí vos deixo o baile que fixeron os rapaces de 6ºB coa cabeceira da serie "a familia Adams". Para recordar a estes simpáticos e tétricos personaxes fai clic aquí.


martes, 20 de noviembre de 2012

A canción da pulguinha

Aquí vos deixo o video da canción da "pulguinha na cueca du vovó" esa canción que tanto vos gusta.

Havia uma pulguinha
na cueca do vovô
O vovô soltou um pum, 
a pulguinha desmaio

Dó – ré – mi – fá – fá –  fá

Dó – ré – dó – ré – ré – ré

Dó – só – dá – mi – mi – mi

Dó – ré – mi – fá – fá – fá

E aquí os alumnos de 5ºA interpretando esta canción con percusión corporal.



lunes, 19 de noviembre de 2012

Interpretando "Mata mua".

Traemos hoxe un estupendo traballo dun obradoiro de plástica dun Instituto de Moaña chamado "IES As barxas" onde se mesturan as artes plásticas e a música con moita sensibilidade. O certo é que non fai falla ir fora para atopar traballos bos. Galicia calidade!!! Parabéns a tódolos participantes e creadores deste proxecto.


miércoles, 14 de noviembre de 2012

Un mundo de posibilidades vogais.

Incredibox, unha interesante aplicación online para traballar aspectos vogais.


martes, 13 de noviembre de 2012

Traballamos con efecto pasillo.

Aquí vos deixo un breve resumo da audición que están a traballar os rapaces de 4º. Agardo que vos guste.