lunes, 18 de diciembre de 2017

MARCHA RADETZKY CON P.C.

O alumnado de 6º traballou estes días atrás cunha peza clásica moi coñecida chamada "marcha Radetzky" con percusión corporal, unha peza coa que remata o concerto de ano novo de Viena dende hai moitísimos anos. Clica na imaxe para ver o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=_Ax2OieRJLM


https://www.youtube.com/watch?v=fXRs66r83dE

jueves, 14 de diciembre de 2017

COMEZAMOS COA RUTA DO CARAMELO:)

Hoxe comezamos por oitavo ano consecutivo a nosa ruta do caramelo dentro do centro. Trátase de que os rapaces por quendas van de visita polas clases a cantar uns cantos de reis a cambio dun aguinaldo en forma de caramelos. Para ver os vídeos, clica na seguinte imaxe e segue as indicacións.

http://musicascativas.wixsite.com/cantandoosreis2017


BRASIL: DE ABOBORA FAZ MELAO

O alumnado de 4º realizou un baile con este brinquedo tan simpático do Brasil. Seguimos a coñecer distintas músicas do mundo.

 https://youtu.be/ccPgVzQrPGg


https://youtu.be/DVU_SgAxKIs

viernes, 1 de diciembre de 2017

XA SE ACHEGA O NADAL

O nadal está cada vez máis cerca e tal e como se ven facendo estes últimos anos, chega a hora dos cantos de reis e aguinaldos. Este ano inclúense tres villancicos de diferentes países xa que se relaciona co proxecto anual do centro "a volta ao mundo". Clica na seguinte imaxe para ver as cancións escollidas para este nadal.

http://musicascativas.wixsite.com/cantandoosreis2017

jueves, 30 de noviembre de 2017

FACEMOS UNHA MARACA

O alumnado de Ed. infantil construiu estes día unha maraca un tanto diferente. Clica na imaxe para ver o resultado. 

https://www.youtube.com/watch?v=iVdtFzWcGYU

FACEMOS UN GLOBOLATA

O alumnado de 1º e 2º construiu estes días un globolata, un instrumento sonoro feito cunha lata e un globo e este foi o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=TQZJcOLrkF0


https://www.youtube.com/edit?o=U&video_id=vxxesMU5MYE

martes, 21 de noviembre de 2017

A CASTAÑA

Xa pasou o magosto pero inda seguimos as voltas coas castañas. Aquí vos deixo un pequeno resumo do que fixemos coa nosa castaña.

http://musicascativas.wixsite.com/canciondacastanha

E tamén bailaron coa castaña.

https://youtu.be/OXXaVePP6PM

E tamén unha coreografía os rapaces de 3º e 4º.

https://youtu.be/0unnwpNp1jY

https://youtu.be/QdGsy_uue4Q

miércoles, 15 de noviembre de 2017

BANDAS SONORAS 2017

Un ano máis traballamos a competencia dixital do noso alumnado de 6º con esta divertida e tétrica actividade de creación sonora utilizando o programa audacity. Este foi o resultado das creacións sonoras do alumnado deste ano. Buajajajajá

http://musicascativas.wixsite.com/bsosamain2017


martes, 14 de noviembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL

O alumnado de 6º está traballando co pergamiño Vindel, que é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV e contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax, coa notación musical incluída de seis. Aquí vos deixo algunha información interesante sobre o tema para realizar o voso traballo. Lembrade poñer unha errata na vosa presentación. Ánimo:




https://www.cultura.gal/sites/default/files/documents/basico/encarte_pergamino_vindel_un_tesouro_en_sete_cantigas_web.pdf


https://musicascativas.wixsite.com/traballovindel6a


https://musicascativas.wixsite.com/traballovindel6b

A ÓPERA NA ESCOLA

O alumnado de 5º esta traballando a ópera e as súas características. Rapaces, aquí vos deixo os apuntes para que repasedes.


http://musicascativas.wixsite.com/opera

Tamén podedes escanear este código QR e repasar na vosa tablet.


domingo, 29 de octubre de 2017

BAILANDO COS CAZAPANTASMAS

O alumnado de 5º nos amosa unha coreografía que realizaron coa banda sonora da película "cazapantasmas". fai clic na imaxe para ver os videos.

https://www.youtube.com/watch?v=I50LTwwTlkc


https://www.youtube.com/watch?v=nfMX3FXcULY

CHEGOU O SAMAÍN

O alumnado de 4º nos amosa un simpático baile coa banda sonora da familia Adams. Fai clic na imaxe para ver os vídeos.

https://www.youtube.com/watch?v=Bz_SlQrymV0


https://www.youtube.com/watch?v=8o9dGYDKISY

miércoles, 18 de octubre de 2017

TALLERES INTERNIVEIS

Os talleres interniveis xurden coma unha proposta didáctica multidisciplinar onde todo o alumnado do centro se mestura e organiza na realización de 10 talleres simultáneos para un enriquecemento mútuo do proceso de ensinanza - aprendizaxe. Para saber máis clica na seguinte imaxe:


https://ceipouteiropenas.wixsite.com/talleresinterniveis 

Un dos talleres realízase na aula de música utilizando a "técnica Foley" para traballar a sonorización de esceas e este é un pequeno resumo. Non podemos dar máis pistas;) 


 





TALLER DE UKELELE

Os rapaces/as de 6º tiveron esta semana unha sorpresa moi especial xa que por fin chegaron os ukeleles. Este ano imos continuar coa proposta do curso pasado de traballar o ukelele a través dun proxecto de sensibilización musical. Este foi o primeiro día:)

https://www.youtube.com/watch?v=Kg4JXcwd0bE

jueves, 12 de octubre de 2017

XA SE ACHEGA O SAMAÍN

O alumnado de 6º está a traballar o mundo sonoro no samaín e para iso terá que levar a cabo unha actividade sonora musical utilizando as tics. Para ver a actividade fai clic na seguinte foto.

http://musicascativas.wix.com/traballando-co-medo

TRABALLANDO PERCUSIÓN CON VASOS

O alumnado de 6º amósanos a actividade que realizou cunha peza chamada "lenga lenga" utilizando percusión de vasos e movemento para traballar a coordinación corporal.

https://www.youtube.com/watch?v=uM2c-94jY3c

 

TRABALLANDO O RUÍDO, SON E SILENCIO.

O alumnado de 4º estivo a traballar cos conceptos de ruído, son e silencio e remataron con este simpático baile chamado "Break mixer".

https://www.youtube.com/watch?v=U7IrRrTghuw

https://www.youtube.com/watch?v=4CL0oWKk1k8

FACENDO TRASNADAS

O alumnado de 5º nos aamosa un traballo de improvisación corporal que realizaron coa canción "son un trasno" de libro CD "tic tac" de Pablo Díaz.

https://www.youtube.com/watch?v=VGSW9R9qGHI

https://www.youtube.com/watch?v=B7tpHFKFr80


domingo, 17 de septiembre de 2017

MÚSICA E PUBLICIDADE

O alumnado de 6º está a traballar o tema da música dentro da publicidade a través dunha análise dun anuncio publicitario. Tendo en conta isto, velaí vai unha pequena axuda para esta interesante tarefa que teñen.





http://popplet.com/app/#/171136

lunes, 11 de septiembre de 2017

COMEZAMOS!!!

Benvidos a este novo curso escolar cheo de novidades. Agardo que o pasarades moi ben no verán e veñades coas pilas cargadas para este novo curso. Para comezar con enerxía, déixovos un vídeo moi particular.

https://www.youtube.com/watch?v=LWGJA9i18Co

domingo, 25 de junio de 2017

TALLER DE IPADS

Rematamos este curso cun taller de creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula. Tivemos a sorte de contar con 8 tablets ipad cedidas para este proxecto polo CFR de Vigo aos cales damos as gracias. Non puidemos facer o taller con todo o alumnado por horarios e excursións varias de final de curso pero si con alumnado de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º e este foi o resultado. 

O alumnado de 1º traballou coa aplicación Rhythm Pad para elaborar un acompañamento rítmico a unha canción escollida por eles que posteriormente terían que integrar nese ritmo concreto. E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.


https://www.youtube.com/watch?v=oKAv15P1G5o

O alumnado de 3º e 4º traballou cunha app chamada vidrhythm para a creación dun mosaico sonoro con diferentes efectos a través da improvisación musical. E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.


https://www.youtube.com/watch?v=ZrjEo5a-QrA

https://www.youtube.com/watch?v=Uq2jBfDmLcs

O alumnado de 5º e 6º traballou coa aplicación garage band para unha actividade de composición instrumental. E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.


https://www.youtube.com/watch?v=hrH1NAhlnfU

https://www.youtube.com/watch?v=tEehXUC5uS4

O alumnado de 5ºe 6º tamén traballou coa aplicación launchpad para unha actividade de improvisación musical tomando como base diferentes loops sonoros predeterminados. E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.

https://www.youtube.com/watch?v=D72TDpXDUQg

https://www.youtube.com/watch?v=W5WEKxwKMkE

viernes, 23 de junio de 2017

CONCERTOS NA ESCOLA: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O pasado mércores tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o vídeo resumo e para ver todas as fotos fai clic AQUÍ.

https://www.youtube.com/watch?v=uKX06cFGu7I

TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS

A semana pasada tivemos a sorte de recivir a visita de Sito, artesán musical da zona e pai de Xenxo. Así, o alumnado de infantil tivo a sorte de ver como é o proceso de construción de diferentes instrumentos como a pandeireta ou coma a gaita e as súas partes. Moitas grazas a Sito pola seu tempo e dedicación e tamén a Vanesa, a nai de Xenxo que nos acompañou no taller e tocou a pandeireta.

https://www.youtube.com/watch?v=4N4t0kOI1cA

https://www.youtube.com/watch?v=31dAQDGlB1U&feature=youtu.be



lunes, 12 de junio de 2017

TOCAMOS ÓPERA

O alumnado de 5º traballou días atrás un fragmento da ópera "Carmen" de Bizet, primeiro con percusión corporal e logo con instrumentos de pequena percusión.

https://www.youtube.com/watch?v=m3ndXkQB0wg&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=SToMkGG9pkM&feature=youtu.be


sábado, 10 de junio de 2017

O TESOURO DA ILLA DE SAN SIMÓN

O tesouro da illa de San Simón é unha canción que foi creada para traballar diferentes partes da illa de San Simón. O alumnado de 1º e 2º amósanos o traballo que fixeron con esta canción.

https://www.youtube.com/watch?v=uJnkXQs4wok&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=zzm9JJx9VGg&feature=youtu.be